Always Ascending é o quinto álbum de estudio da banda escocesa de indie rock Franz Ferdinand, publicado o 9 de febreiro de 2018 a través do selo Domino Records. É o primeiro álbum do grupo en contar co seu novo membro Julian Corrie, que se uniu pouco despois da marcha de Nick McCarthy. O disco tivo en xeral boas críticas. Chegou ao número 3 en Escocia e ao número 6 no Reino Unido.[1] Editáronse catro sinxelos do traballo: "Always Ascending", "Feel the Love Go", "Lazy Boy" e unha versión alternativa de "Glimpse of Love". Varios temas do disco apareceron en escenas ou nos créditos finais de distintos episodios da serie de televisión Loudermilk.
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Julian Corrie, Bob Hardy, Alex Kapranos e Paul Thomson.
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Always Ascending" |
5:21 |
2. |
"Lazy Boy" |
2:59 |
3. |
"Paper Cages" |
3:40 |
4. |
"Finally" |
3:09 |
5. |
"The Academy Award" |
4:14 |
6. |
"Lois Lane" |
3:34 |
7. |
"Huck and Jim" |
3:35 |
8. |
"Glimpse of Love" |
3:12 |
9. |
"Feel the Love Go" |
4:46 |
10. |
"Slow Don't Kill Me Slow" |
5:18 |
39:48 |
Canción extra no CD xaponés |
N.º |
Título |
Duración |
11. |
"Demagogue" |
2:40 |
42:28 |
Notas