O Alqatara Rugby Club Andalucía chamado Helvetia Rugby por motivos de patrocinio [1], foi un equipo español de rugby de Sevilla, fundada en 2014 por un convenio de colaboración entre o Club Amigos del Rugby e a Club Deportivo Mairena para competir na División de Honra B. O equipo quedou disolto en 2017 cando rematou o convenio de colaboración.
Historia
Malia que o club foi fundado en 2014, a súa orixe está na unión de forzas do Club Amigos del Rugby e o Club Deportivo Mairena que en 2007 xuntaron os seus recursos e ós seus mellores xogadores para competir como un único equipo na segunda división do rugby nacional [2][3], mantendo a súa independenza a nivel rexional e de categorías inferiores. [4] Ese único equipo xa tiña entón o patrocinio de Helvetia e como tal foi coñecido. En 2014 o Alqatara foi rexistrado como novo club na Federación Andaluza de Rugby, recibindo a licenza para competir na División de Honra B que foi cedida por parte do Club Amigos del Rugby, e rexistrando tanto ó C.A.R. como ó C.D. Mairena como equipo filiais.
En 2016 o Club de Rugby San Jerónimo, tamén da capital andaluza, pasou a ser o terceiro club filial do Alqatara. Ata 2017 cando rematou a colaboración entre os clubs fundadores. [5]
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos