Algo salvaxe (en inglés: Something Wild) é un filme estadounidense de acción e comedia dirixido por Jonathan Demme que se estreou en 1986. Está protagonizado por Melanie Griffith, Jeff Daniels e Ray Liotta.[1] Foi presentado fóra de competición no Festival Internacional de Cine de Cannes de 1987.[2] Este filme ten algunhas características de road movie e co tempo converteuse nun filme de culto.[3]
Estreouse en galego o 11 de setembro de 1999 a través da TVG.[4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas