Alfredo Vázquez Jiménez , nado en Vigo o 24 de abril de 1963 , é un ex-regatista galego . Participou na proba da clase soling dos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona , xunto ao entón príncipe de Asturias Felipe de Borbón , e con Fernando León de temoneiro, obtendo a sexta praza e con ela un diploma olímpico .
A cidade de Vigo ós seus atletas.[ 1]
Traxectoria
Comezou xogando ao voleibol no Club Vigo , antes de pasar a practicar vela no Real Club Náutico da mesma cidade.[ 2] A finais dos anos 80 formou equipo con Filipe de Borbón , naquel entón príncipe de Asturias , e con Fernando León , logrando a clasificación para os Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona , na clase soling .
Foi o primeiro regatista galego nuns Xogos Olímpicos , dos que regresou cun diploma olímpico ao quedar o equipo español na sexta praza.[ 3] Ao ano seguinte foi campión de España da clase laser .[ 4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas