Alfredo García Caramés, nado en Cabanelas (Liripio, A Estrada) o 20 de decembro de 1915 e finado no mesmo lugar o 7 de marzo de 2006, foi un albanel e militar galego.
Traxectoria
Na República marchou traballar de albanel a Madrid e afiliouse á CNT. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pillouno en Madrid e alistouse nas milicias gallegas. Foi membro do Batallón de Milicias Populares Galegas e escolta e chofer de Enrique Líster. Coa caída da República pasou a Francia e estivo internado nos campos de Argelès-sur-Mer, Vernet d'Ariège e Bacarès. Marchou a México, arribando a Nuevo Laredo o 29 de febreiro de 1940.[1] Traballou nun almacén de cereais. Permaneceu en México ata 1956, cando volveu a Galicia.[2] Marchou novamente ao ano seguinte, e volveu en varias ocasións, para regresar definitivamente en 1962. Estableceuse primeiro na Coruña e dedicouse á construción, despois instalouse en Marín, para finalmente retornar a Cabanelas. Finou en Cabanelas o 7 de marzo de 2006.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas