José Alfredo Manuel Caamaño Pato, coñecido como Alfredito, nado en Negreira en 1897 e finado en Venezuela en 1970, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Alfredo Caamaño Ferreiro e sobriño de Manuel Caamaño Ferreiro. Foi presidente de Izquierda Republicana de Negreira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presidiu o Comité de Defensa da República de Negreira. Agochouse no Pazo de Cotón; co seu irmán Manuel pasou a Portugal, e por Francia chegou á zona republicana. Xulgado en Compostela por rebelión, foi declarado en rebeldía. Os franquistas detiveron e condenaron á súa muller Elena Suárez Suárez. Foi xuíz de Belchite e ao caer Belchite estivo en Barcelona como xefe de armamento. Ao rematar a guerra marchou á República Dominicana en decembro de 1939.[1] Despois exiliouse en México e finalmente en Venezuela.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas