O Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita ou AITS (do inglés International Alphabet of Sanskrit Transliteration, IAST) é un popular sistema de transliteración que permite a romanización de escrituras índicas sen perda de información.
O AITS é o sistema máis popular de romanización do sánscrito e o pali. Emprégase normalmente en publicacións impresas, especialmente en libros sobre temas en sánscrito e pali antigos relacionados coas relixións da India. Coa crecente dispoñibilidade de fontes Unicode, estase estendendo tamén entre os textos electrónicos.
O AITS baséase nun estándar establecido polo Congreso Internacional de Orientalistas de Xénova en 1894. Permite a transliteración sen perdas do devanágari (e outras escrituras índicas como a escritura Sharada), e como tal non só representa os fonemas do sánscrito, senón que permite unha transcrición esencialmente fonética.
A romanización da Biblioteca Nacional de Calcuta, ideada para a romanización de todas as escrituras índicas, é unha extensión do AITS.
Inventario de símbolos e convencións do AITS
A continuación móstrase o inventario de símbolos do AITS (tanto minúsculas como maiúsculas) xunto cos seus equivalentes en devanágari e AFI (válido para o sánscrito; para o hindi hai pequenas diferenzas fonolóxicas):
अ [ə] a A
|
आ [ɑː] ā Ā
|
इ [i] i I
|
ई [iː] ī Ī
|
उ [u] u U
|
ऊ [uː] ū Ū
|
ऋ [ɹ̩] ṛ Ṛ]]
|
ॠ [ɹ̩ː] ṝ Ṝ
|
ऌ [l̩] ḷ Ḷ
|
ॡ [l̩ː] ḹ Ḹ
|
vogais
|
ए [eː] e E
|
ऐ [aːi] ai Ai
|
ओ [oː] o O
|
औ [aːu] au Au
|
ditongos
|
Nota: A diferenza das romanizacións baseadas unicamente en ASCII como ITRANS ou Harvard-Kyoto, os signos diacríticos usados no AITS permiten as maiúsculas nos nomes propios. As versións maiúsculas das letras que nunca se dan ao comezo dunha palabra (Ṇ Ṅ Ñ Ṝ) utilízanse só en contextos gramaticais (véxase Pāṇini), onde o convenio é escribir os sons IT en maiúsculas.
Comparación con ISO 15919
Na súa maioría, o AITS está contido no ISO 15919. As seguintes cinco excepcións débense á ampliación do estándar ISO cun repertorio adicional de símbolos que permiten transliteracións do devanágari e outras escrituras índicas tal e como se usan en outras linguas distintas ao sánscrito.
Devanágari
|
AITS
|
ISO 15919
|
Comentarios
|
ए/ े
|
e
|
ē
|
la e ISO representa ऎ/ ॆ.
|
ओ/ो
|
o
|
ō
|
a o ISO representa ऒ/ॊ.
|
ं
|
ṃ
|
ṁ
|
a ṃ ISO representa a ੰ gurmukhi.
|
ऋ/ ृ
|
ṛ
|
r̥
|
a ṛ ISO representa ड़ /ɽ/.
|
ॠ/ ॄ
|
ṝ
|
r̥̄
|
por coherencia coa r̥.
|
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas