Alessio Miceli

Modelo:BiografíaAlessio Miceli
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
SS Lazio

UEFA: 250114223 Editar o valor en Wikidata

Alessio Miceli, nado en Roma o 30 de agosto de 1999, é un futbolista italiano que xoga como centrocampista na SD Logroñés, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

Formouse como futbolista na canteira da Lazio, onde ocupou diferentes posicións, desde mediocentro ofensivo ata defensa central.[1] O 23 de novembro de 2017 debutou co primeiro equipo, nun empate a un gol ante o Vitesse na fase de grupos da Europa League, partido no que substituíu nos minutos finais ao serbio Dušan Basta.[2][3]

En 2018 desvencellouse da Lazio e fichou polo Feralpisalò, da Serie C. Na tempada 2019/20 xogou cedido no Olbia, da mesma categoría, pasando a continuación ao Piacenza.[4]

En xullo de 2021 fichou polo Dordrecht, co que xogou durante dúas campañas na Eerste Divisie.[5] No verán de 2023 deixou os Países Baixos e instalouse en España, onde fichou pola SD Logroñés, da Primeira División RFEF.

Notas

  1. "L'evoluzione di Alessio Miceli" (en italiano). 30 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  2. "Lazio 1-1 Vitesse". UEFA (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  3. Pietrella, Francesco (23 de novembro de 2017). "A gennaio la patente, oggi l'Europa League: Miceli, dietro le quinte di un esordio" (en italiano). Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  4. "ALESSIO MICELI E' BIANCOROSSO" (en italiano). 3 de setembro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  5. "FC DORDRECHT CONTRACTEERT NA INTENSIEVE SELECTIEPROCEDURE ACHT SPELERS" (en neerlandés). Consultado o 11 de febreiro de 2024.