Algúns estudosos consideran que foi inventada por Alessandro Machiavelli (1693-1766),[2] mentres outros manteñen que a participación dunha muller na anatomía nesa época era tan asombrosa que foi suprimida da historia.[3]
Traxectoria
Crese que Giliani naceu en 1307. A crónica da súa vida afirma que faleceu en 1326, posiblemente por unha ferida séptica, aos dezanove anos.[1] Lembrada como a primeira anatomista feminina do mundo occidental, foi célebre por ser unha brillante prosectora (preparadora de cadáveres para a disección anatómica). Traballou como asistente cirúrxica para Mondino de Luzzi (falecido en 1326), profesor de sona na Universidade de Boloña e acreditado por ser o pai da anatomía moderna grazas a un texto seminal datado en 1316.[3]
De Giliani dise que levou a cabo as súas propias investigacións anatómicas, como o desenvolvemento dun método para drenar o sangue dun cadáver e a súa substitución por un endurecemento de tintura e cor, axudando á compresión do sistema circulatorio coronario pulmonar. Toda a evidencia do seu traballo perdeuse ou foi destruído.
A curta vida de Alessandra Giliani foi honrada por Otto Angenius, tamén un dos axudantes de Mondino e, probablemente, o seu prometido, cunha placa no San Pietro e Marcellino degli Spedolari di Santa Maria di Mareto, o d'Ulmareto,[4] que describe o seu traballo.
Legado
Foi mencionada polo historiador do século XIX Michele Medici, que publicou unha historia sobre a escola boloñesa de anatomía en 1857.
A novela de Barbara Quick,A Golden Web publicada por HarperTeen en 2010, é unha ficción que imaxina a vida nos tempos de Alessandra Giliani.
↑Working Group for Planetary System Nomenclature (1995). Gazetteer of Planetary Nomenclature 1994(PDF)(en inglés). Washington: International Astronomical Union, United States Government Printing Office. p. 16.