Alejandro Enrique Alvargonzález San Martín, nado en Vigo o 11 de xullo de 1959, é un diplomático galego.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía. Ingresou en 1987 na Carreira Diplomática. Estivo destinado nas representacións diplomáticas españolas en Honduras, Exipto, Cuba e Suíza.
Foi embaixador de España en Bosnia e Hercegovina ata 2012, ano en que foi nomeado Secretario Xeral de Política de Defensa.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas