Alcubilla de Nogales é un concello da provincia de Zamora, comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 13,54 km² cunha poboación de 185 habitantes e unha densidade de 13,66 hab/km². Atópase situado entre o río Eria e a serra de Carpurias. Non dispón de escudo nin bandeira municipal, polo que o concello utiliza a bandeira de Zamora e o escudo do estado español.
Demografía e política
No seguinte gráfico podemos ver como a evolución da poboación do concello mostra unha perda demográfica importante, perdendo case cen habitantes en tan só 15 anos.
Evolución da poboación de: Alcubilla de Nogales desde 1991 ata 2006