Alberte Frederico de Prusia |
Nome orixinal | (de) Albrecht Friedrich von Preußen |
---|
|
Nacemento | 7 de maio de 1553 (Gregoriano) Königsberg, Prusia |
---|
Morte | 27 de agosto de 1618 (65 anos) Primorsk, Rusia (en) |
---|
|
Duke of Prussia (en) Ducado de Prusia |
---|
20 de marzo de 1568 – 27 de agosto de 1618 |
|
|
Ocupación | aristócrata |
---|
|
Título | Duque (1568–1618) |
---|
Familia | Dinastía Hohenzollern |
---|
Cónxuxe | Maria Leonor de Cleves (1573, 1573 (Gregoriano)–1608) |
---|
Fillos | Ana da Prússia, Maria da Prússia, Albrecht Friedrich von Hohenzollern, Sofia da Prússia, Eleanor of Prussia, Wilhelm Friedrich von Hohenzollern, Madalena Sibila de Saxonia |
---|
Pais | Albert, Duque da Prússia e Anna Marie of Brunswick-Lüneburg |
---|
Irmáns | Anna Sophie of Prussia Elisabeth von Hohenzollern Katharina von Hohenzollern Friedrich Albrecht von Hohenzollern Lucia Dorothea von Hohenzollern Lucia von Hohenzollern Albrecht von Hohenzollern |
---|
Parentes | Joaquim I Nestor, bisavó |
---|
|
|
|
|
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Allgemeine Deutsche Biographie Polish Biographical Dictionary (en) |
---|
|
Alberte Federico (en alemán: Albrecht Friedrich) nado en Königsberg o 7 de maio de 1553 e finado en Fischhausen, Rybaki o 28 de agosto de 1618, foi duque de Prusia dende 1568 até a súa morte. Foi un fillo de Alberte de Prusia e Ana María de Brunswick-Luneburgo. Foi o segundo e derradeiro duque prusiano da póla Ansbach da familia Hohenzollern.
Duque de Prusia
Converteuse en duque de Prusia despois de prestar homenaxe feudal ó rei de Polonia, Sexismundo II Augusto de Polonia (a Prusia ducal era un feudo de Polonia), o 19 de xullo de 1569 en Lublin.[1] A homenaxe foi descrita polo cronista polaco Jan Kochanowski na súa obra Proporzec ("Estandarte"). Durante a elección polaca de 1573, Alberte Federico tentou obter a aceptación do senado polaco pero opúxoselle o poderoso Jan Zamoyski (máis tarde Grande Hetman da Coroa do Reino de Polonia) quen temía a influencia de protestantes no corpo lexislativo polaco. Alberte Federico inicialmente rexeitou a elección de Estevo I Báthory e apoiou a candidatura de Maximiliano de Habsburgo. Porén, no sejm de Toruń de outubro de 1576 deu o seu apoio ó novo monarca.
Como o bisneto do rei polaco Casimiro IV de Polonia, e como un duque en Prusia que falaba con fluidez polaco, Alberte Federico foi seriamente considerado durante un tempo como un posible candidato para o trono polaco. Gozou particularmente o apoio dos luteranos polacos.
En 1572, comezou a amosar sinais de desorde mental. A comezos de 1578, a rexencia foi asumida polo seu curmán, Xurxo Federico de Brandeburgo-Kulmbach (1539–1603). Despois da morte de Xurxo Federico en 1603, o rei polaco Sexismundo III Vasa nomeou Xoaquín Federico como rexente en 1605, e permitiu ó seu fillo, Xoán Sexismundo, sucederlle en 1611. O último converteuse en duque de Prusia despois da morte de Alberte Federico en 1618.[2]
Notas