Agrupación Martín Codax

Agrupación Martín Codax
Tipocompañía de teatro e asociación cultural
Data de fundación1932
Nomeado en referencia aMartín Codax
SedeVigo
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

A Agrupación Martín Codax foi unha sociedade cultural radicada en Vigo durante a Segunda República Española.

Historia e características

Fundada polo presbítero Emilio Álvarez Martínez (o Reisiño).[1] A súa denominación facía referencia ao trobador medieval Martín Codax.[2] Dedicada principalmente á representación de obras teatrais -en particular de José María Pemán-,[3] coa recadación financiaban outras actividades educativas.[4] Creada cara finais de 1932, a agrupación non se constituíu formalmente como asociación ata 1934.[5]

Vinculada a Acción Católica e á URD,[6] incorporou membros da Falange galega así como un gran número de japistas.[7] En xeral os seus dirixentes abrazaban posicións de extrema dereita,[3] aínda que o proceso de fascistización do grupo non foi completo.[8] Claramente españolista, aceptaba un marco de autonomía para a "rexión galega".[9] Mantiveron o seu primeiro choque violento en agosto de 1933, en Baiona.[10] A agrupación editou a revista homónima, que comezou a publicarse en febreiro de 1935, con José Vázquez Fernández na dirección e con Jesús Villot Vidal como redactor xefe.[3]

Os actores José Signo e José María Seoane pertenceron á asociación antes de pasar ao Teatro Nacional.[11][12]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía