Agripina Casimira de los Dolores Samper Agudelo, nada en Honda o 4 de marzo de 1833 e finada en París o 22 de abril de 1892, foi unha poeta colombiana.[1] Escribiu prosa e poesía co pseudónimo de "Pía-Rigán", un anagrama do seu nome de nacemento. A súa obra permaneceu inédita en vida e só se publicou a título póstumo como antoloxías.[2]
Traxectoria
Samper naceu o 4 de marzo de 1833 na cidade de Honda, daquela pertencente ó departamento de Cundinamarca, no seo dunha familia literaria. Os seus pais foron José María Samper Blanco e María Tomasa Agudelo Tafur. Foi a única muller entre os oito fillos da parella. Salientan dous dos seus irmáns: José María, esposo da destacada xornalista Soledad Acosta Kemble, e Miguel, recoñecido político e escritor. O 4 de xullo de 1857 casou con Manuel Ancízar Basterra, científico e escritor, matrimonio do cal naceu Roberto, Pablo, Inés, Jorge e Manuel. Enviuvou en 1882 e trasladouse cos seus fillos a París, onde morreu o 22 de abril de 1892.[3]
Obras destacadas
- Ensayos poéticos de Pía-Rigán
- Parnaso colombiano: colección de poesías escogidas
Notas