Aghnatios Elias Yaacoub, nado o 27 de xuño de 1923 en Minya (Exipto) e finado o 12 de marzo de 1994, foi un relixioso xesuíta católico copto, bispo de Luxor dende 1986 até o seu pasamento.
Traxectoria
Naceu o 27 de xuño de 1923 en Minya (Exipto). O 9 de xuño de 1946 foi ordenado sacerdote da Compañía de Xesús.
O 19 de maio de 1983 foi nomeado bispo coadxutor de Asiut. Foi ordenado bispo o 24 de xuño de 1983 polo patriarca Estevo I, e tivo como co-consagradores ao bispo de Asiut Youhanna Nueir e ao de Luxor Andraos Ghattas.
O 15 de xullo de 1986 foi nomeado bispo de Luxor. Finou no cargo o 12 de marzo de 1994.