Age of Mythology: The Titans é a continuación do xogo Age of Mythology. É un videoxogo de estratexia en tempo real desenvolvido por Ensemble Studios e estreado o 30 de setembro de 2003.[1]
The Titans engado unha cuarta cultura ó xogo, a dos atlantes, tres novos deuses maiores, novas unidades, edificios e poderes divinos. Outra novidade é que a Atlántida dispón dos oráculos, unidades que en movemento teñen un campo de visión reducido pero cando fican quedos aumenta moito.
A maioría das unidades atlantes pódense transformar en heroes. Se unha unidade é transforma en heroe, esta acada unha importante bonificación de ataque contra unidades míticas.
Campaña
A campaña é a continuación da campaña de Age of Mythology, na que o fillo de Arkantos é enganado e comeza a ceibar ós titáns pechados no Tártaro dende a guerra entre os deuses Olímpicos e os Titáns. Ó cabo dun pouco, Arkantos aparece en escena e informa ó seu fillo do grande erro que está a cometer. A partir dese intre, Cástor loitará contra os titáns menores e invocará a Xea para que loite contra Cronos cando este escape do outro mundo.
Personaxes
- Cástor: é o fillo de Arkantos (agora un semideus), enganado por Cronos para que o libere.
- Críos: é un teócrata da Atlántida, ó principio da campaña é asasinado por un servo de Cronos e este adopta a súa forma para preparar o engano.
- Ajax: heroe grego que sempre estaba a carón de Arkantos.
- Amanra: heroína exipcia que loita contra os titáns.
Notas