O aeroporto de Norwich (IATA: NWI, OACI: EGSH) é un aeroporto internacional menor inglés en Hellesdon, Norfolk, a 5,2 quilómetros ao norte de Norwich. No ano 2017 foi o 26º aeroporto máis concorrido do Reino Unido e o máis concorrido da rexión de Anglia Oriental con 533 663 pasaxeiros.[1]
Xunto cunha longa historia de voos cara Ámsterdam-Schiphol con KLM Cityhopper, o aeroporto ofrece voos a varios destinos no Reino Unido e Europa. Ademais das operacións regulares, Norwich tamén opera voos chárter. Bristow Helicopters, DanCopter e Babcock Mission Critical Services Offshore transporta persoal ás plataformas de gas do mar do Norte e SaxonAir opera servizos con avións executivos e voos chárter con helicópteros.
O aeroporto instalouse no mesmo lugar que unha antiga base da Royal Air Force a comezos dos 70 baixo a propiedade das autoridades locais. Posteriormente foi vendido a mans privadas.
Aeroliñas e destinos
Aeroliñas |
Destinos
|
Aurigny |
Estacional: Guernsey
|
BH Air |
Chárter estacional: Burgas
|
Flybe |
Aberdeen, Alacant, Exeter, Málaga Estacional: Jersey
|
KLM |
Ámsterdam
|
Loganair |
Edimburgo, Manchester Estacional: Jersey, Inverness (comeza en xuño de 2018)
|
Thomas Cook Airlines |
Estacional: Dalaman (comeza en maio de 2018)[2]
|
TUI Airways |
Tenerife-Sur Estacional: Corfú, Gran Canaria, Heraclión (comeza en maio de 2018),[3] Dalaman (comeza en maio de 2018),[4] Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca, Paphos, Rodas
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas