O aeroporto de Malmö, ata o ano 2007 coñecido como aeroporto de Sturup (IATA: MMX, ICAO: ESMS) é o cuarto aeroporto máis concorrido de Suecia. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 2 218 245 pasaxeiros.[1] Está situado no municipio de Svedala, a uns 28 km ao leste de Malmö e a uns 26 do sueste de Lund.
A través da ponte de Öresund o aeroporto está a uns 55 quilómetros do centro de Copenhague, e a 47 do aeroporto de Copenhague-Kastrup. De feito, toda a cidade de Malmö atópase máis preto por estrada do aeroporto da capital danesa que do seu propio aeroporto, e só o de Copenhague é accesible por tren. O aeroporto de Malmö é pequeno, con voos regulares só a Estocolmo e coa aeroliña de baixo custo Wizz Air a varias cidades do centro e leste de Europa.
Aeroliñas e destinos
Pasaxeiros
As seguintes aeroliñas operan voos regulares e chárter dende Malmö:[2]
Aeroliñas |
Destinos
|
Adria Airways |
Estacional: Pristina
|
AIS Airlines |
Borlänge, Örebro
|
BRA Braathens Regional Airlines |
Estocolmo-Bromma, Visby Estacional: Östersund
|
Czech Airlines |
Estacional: Praga
|
Norwegian Air Shuttle |
Estocolmo–Arlanda Estacional: Gran Canaria
|
Ryanair |
Cracovia (comeza en outubro de 2017)[3]
|
Scandinavian Airlines |
Estocolmo–Arlanda Estacional: Östersund
|
Wizz Air |
Belgrado, Bucarest, Budapest, Cluj-Napoca, Debrecen, Gdańsk, Iași (comeza en maio de 2018),[4] Katowice, Niš, Poznań, Skopje, Tuzla, Varsovia-Chopin
|
Carga
Notas
|
---|
Maiores internacionais | |
---|
Menores internacionais | |
---|
Domésticos | |
---|
Outros | |
---|