Aeroporto de Estocolmo-Skavsta Stockholm Skavsta flygplats
|
|
|
|
Sumario
|
Tipo
|
público
|
Operador
|
ADC & HAS
|
Coordenadas
|
|
Pista(s)
|
Dirección
|
Longo
|
Superficie
|
metros
|
pés
|
08/26
|
2 878
|
9 442
|
asfalto
|
16/34
|
|
|
asfalto
|
Estatísticas (2016)
|
Pasaxeiros
|
2 025 055
|
O aeroporto de Estocolmo-Skavsta ou Aeroporto de Nyköping (IATA: NYO, ICAO: ESKN) é un aeroporto internacional sueco situado preto da cidadao suroeste de Estocolmo. Nel operan aeroliñas de baixo custo e de carga e é o quinto aeroporto máis grande de Suecia, cunha capacidade para manexar anualmente a 2,5 millóns de pasaxeiros.[1]
O aeroporto está situado lonxe do municipio e do condado de Estocolmo, pero usa a palabra "Estocolmo" con propósitos promocionais. Localmente faise referencia a el sinxelamente como "Skavsta".
Historia
Foi unha base aérea durante a segunda guerra mundial e usouse como aeroporto militar ata o ano 1980 cando se deixou fóra de servizo.
O concello de Nyköping, onde se atopa o aeroporto, decidiu en 1984 facerse co seu control e retomar as súas actividades. En 1998 o concello puxo o 90% do capital do aeroporto á venda, co obxectivo de fortalecer a súa xestión comercial e permitir investimentos para a súa expansión. Mercaron esa parcela de accións e comezou a transformación de Skavsta, que se converteu no segundo aeroporto de Estocolmo e a opción favorita para os que viven ao sur da capital.[2]
O aeroporto ten capacidade para 2,5 millóns de pasaxeiros anuais e está deseñado para expandirse no futuro.[1] É propiedade de ADC & HAS, a mesma compañía que ten os aeroportos de Belfast, Orlando, Liberia (Costa Rica), San José e Quito.
Aeroliñas e destinos
Aeroliñas |
Destinos
|
Ryanair |
Alacant, Beauvais, Bergamo, Charleroi, Gdańsk, Cracovia, Londres-Stansted, Málaga, Malta, Memmingen (comeza en outubro de 2017),[3] Niš (comeza en outubro de 2017), Podgorica, Sofía, Warsaw-Modlin, Weeze Estacional: Barcelona, Béziers, Biarritz, Bremen, Brindisi, Chania, Gran Canaria, Nápoles, Palma de Mallorca, Paphos, Pisa, Rodas, Rijeka, Roma-Ciampino, Tenerife–Sur, Tesalónica, Treviso, Zadar
|
Wizz Air |
Belgrado, Bucarest, Budapest, Cluj-Napoca, Gdańsk, Katowice, Lublin, Poznań, Skopje, Vilnius, Varsovia-Chopin, Wrocław Estacional: Tuzla
|
Notas
|
---|
Maiores internacionais | |
---|
Menores internacionais | |
---|
Domésticos | |
---|
Outros | |
---|