O Aeroporto de Londres-Southend (IATA: SEN, ICAO: EGMC) é un aeroporto internacional no distrito de Rochford en Essex, Inglaterra, aproximadamente a 68 quilómetros (42 mi) do centro de Londres[1].
Durante a década de 1960, Southend foi o terceiro aeroporto máis transitado no Reino Unido[2]. Mantívose como o terceiro aeroporto de maior tráfico de pasaxeiros de Londres até a fin da década de 1970, cando o papel de "terceiro aeroporto de Londres" pasou a Stansted[3]. Despois da súa compra por parte de Stobart Group en 2008, que estableceu un programa de constante desenvolvemento, cunha terminal de nova construción e a torre de control, e un servizo de tren regular que vai desde a estación do aeroporto de Southend á Liverpool Street no centro de Londres.
EasyJet comezou os seus servizos mediante a apertura dunha base en abril de 2012. A empresa irlandesa Aer Lingus Regional iniciou voos regulares a Dublín en maio dese mesmo ano. Como resultado, o aeroporto experimentou un rápido aumento no número de pasaxeiros. Arredor de 617.000 pasaxeiros utilizaron o aeropuerto durante o ano 2012. Con 721.661 pasaxeiros nos 12 meses seguintes ao inicio destes servizos. O número de pasaxeiros creceu até aproximadamente 970 000 en 2013. O operador aeroportuario espera aumentar o número de pasaxeiros a dous millóns para o ano 2020.
Descrición
O aeroporto está localizado entre Rochford e Southend, no condado de Essex, a 58 km (36 mi) ao leste de Londres. Dispón dunha única pista de 1.856 metros (6.089 ft) de asfalto, con capacidade máxima para acoller aeronaves tipo Boeing 757.
A terminal actual completouse en febreiro de 2012, e tén dúas cafetarías, un bar, duty-free, un quiosco de WHSmith, caixeiro dispensador de Libras esterlinas,e Euros, unha axencia de troco de divisas, alugueiro de taxi, alugueiro de coches de Europcar e Hertz.
A vella terminal presta agora servizo para avións privados, con salas de espera propias e salas de conferencias.