Adrián Alonso Pereira, máis coñecido como Pola, nado en Vigo o 26 de xuño de 1988, é un xogador galego de fútbol sala que xoga de á-peche no no Noia Portus Apostoli, da Primeira división española.
Pasou polo Redondela FS antes de recalar no Lobelle Santiago, participando nos mellores anos da historia do club santiagués, co que gañou unha Copa de España e unha Supercopa ata 2011. A continuación militou durante 10 anos no Inter Movistar, club ao que capitaneou e co que conquistou ata 19 títulos, entre eles seis ligas, catro Copas de España e dúas Champions League.
Ademais foi 117 veces internacional coa selección española, coa que gañou a Eurocopa de 2016.
Traxectoria
Comezou a xogar ao fútbol sala no seu barrio de Coia, e en idade xuvenil entrou no novo club de fútbol sala do barrio da Salgueira.[1] Con este equipo, no que coincidiu con Jonathan Pereira, proclamouse campión galego xuvenil. Posteriormente entrou na canteira do Redondela FS, co que xogou na División de Honra Xuvenil.[1]
En 2005 pasou á canteira do Lobelle Santiago, onde xogou primeiramente no equipo xuvenil e no filial. O 24 de setembro do mesmo, con 17 anos, debutou co primeiro equipo na División de Honra, da man do adestrador José Venancio nun partido contra o Móstoles, anotando o único gol do seu equipo (3-1).[2] Na tempada 2006/07 saíu cedido ao FS Nazareno de Dos Hermanas e en 2007 pasou a ser xogador do primeiro equipo do Lobelle a todos os efectos. Participou dos mellores anos da historia do club santiagués, conquistando unha Copa de España e unha Supercopa, nun equipo no que xogaban entre outros Carlos Barrón, Alemão, Aicardo ou Rafael Rato.[3]
En 2011 fichou polo Inter Movistar, co que gañou durante a seguinte década todos os títulos nacionais posibles. Conquistou seis ligas, catro Copas de España, dúas Copas do Rei e cinco Supercopa de España. Internacionalmente gañou dúas Champions League, nos anos 2017 e 2018, despois de derrotar na final nos dous casos ao Sporting de Portugal.[4] No club de Alcalá de Henares actuou xunto a xogadores como Ricardinho, Betão ou Jesús Herrero e na parte final do seu paso polo equipo madrileño exerceu como capitán.[5]
No verán de 2021 deixou a liga española e fichou polo Sporting de Braga, da Primeira División de Portugal.[6]
Palmarés
Santiago Futsal
Inter Movistar
- Primeira división (6): 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019.
- Copa do Rei (2): 2015, 2021.
- Copa de España (5): 2005, 2014, 2016, 2017, 2021
- Supercopa de España (3): 2015, 2017, 2018, 2021
- Champions League (2): 2017, 2018
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas