As adoxáceas (Adoxaceae) son unha familia de anxiospermas pertencente á orde das dipsacales.
Comporta cinco xéneros aceptados cunhas 200 especies.[1] A esta familia pertencen arboriñas galegas coma o lourentino ou o sabugueiro.
En anteriores clasificacións, a familia estaba composta dunha soa especie Adoxa moschatellina (moscatelina). Os xéneros Sambucus (sabugueiros) e Viburnum (viburnos e lourentinos) estaban previamente incluídos na familia das madreselvas ou chuchameles Caprifoliaceae, mais probas xenéticas segundo a Clasificación filoxenética APG amosaron que nesta familia eran máis axeitados.[1]
A moscatelina é unha planta herbácea pequena, florea a principios de primavera e murcha até o nivel do chan no verán inmediatamente despois de que as bagas madurecen; as follas son compostas.
Os sabugueiros son na súa maioría arbustos, mais dúas especies son plantas arbóreas; todas teñen follas compostas.
Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.