Adolfo Pérez Abellás, nado en Loureiro (Rouzós, Amoeiro) o 25 de setembro de 1952, é un profesor e político galego do PSdeG-PSOE, deputado pola Provincia de Ourense no Congreso dos Deputados nas lexislaturas XIIIª e XIVª.
Traxectoria
Fixo o bacharelato nos Salesianos e estudou Maxisterio. Traballou como mestre en Guadalajara, Donostia e Ourense. É doutor en psicopedagoxía e profesor contratado doutor no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.[1] Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 e nas de novembro do mesmo ano, foi de segundo na lista do seu partido ao Congreso, obtendo un escano en ambas ocasións.
Ten un fillo e dous netos.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas