Adolfo Mosquera Castro, nado en Caldas de Reis o 3 de xullo de 1860 e finado na mesma vila o 30 de xaneiro de 1940,[1] foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ao rematar instalouse como avogado en Caldas de Reis. Dono dun balneario en Catoira. Republicano, dirixiu El Umia (1886), foi redactor de El Ciclón de Pontevedra e promoveu os periódicos El Demócrata e La Democracia de Caldas de Reis. Publicou un poema en A Gaita Gallega. Foi secretario do concello da Guarda durante a ditadura de Primo de Rivera e na Segunda República do Grove e Caldas de Reis (1935). Foi un escritor combativo contra o caciquismo e poeta. Escribiu baixo os pseudónimos Sensitiva e El duende de Mazaracos. Obtivo premios en certames rexionais, un deles pola poesía costumista "Os feitizos y-os meigallos". Publicou un relato en dúas entregas titulado "Na represa" en O Galiciano.
Obras
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas