Ada foi orixinalmente concibida para servir como linguaxe multiuso para o DoD (Departamento de Defensa americano). Por iso contén características para:
As implementacións de Ada non acostuman ter recolección de lixo na xestión de almacenamento. Ada soporta unha serie limitada de formas de xestión do almacenamento baseado en rexións, o que permite detectar nalgúns casos accesos a rexións de memoria non asignadas en tempo de compilación.
Tipado forte: Ada caracterízase, entre outras cousas, por ser unha linguaxe fortemente tipada, con comprobacións en tempo de execución, procesamento paralelo, manexo de excepcións, e xenéricos. Ao ter un tipado forte, permite que o Ada soporte un gran número de comprobacións en tempo de compilación, o que axuda a evitar erros que non serían detectados ata a execución utilizando outra linguaxe de programación, ou que requirirían engadir no código fonte comprobacións explícitas.
Xestión de excepcións: Unha característica principail da linguaxe Ada é a comprobación do corrector en execución ("runtime"): Ada soporta (inclúe implicitamente) comprobacións en tempo de execución con obxecto de protexerse ante asignacions de valores fóra de rango, accesos a direccións de memoria non asignada, erros de desbordamento de buffer, erros dun paso, e outros erros evitables. Estes exames son fundamentais para acadar unha alta esixencia de fiabilidade (reliability & safety). Estas comprobacións poden ser deshabilitadas para obter unha maior eficiencia. Tamén inclúe facilidades que axudan á verificación de programas. Por esas razóns, é amplamente utilizado en sistemas críticos como en aviación, armamento e naves espaciais.
Historia
Nos anos 70, o Departamento de Defensa dos Estados Unidos decatouse de que estaban a usar un gran número de linguaxes de programación diferentes nos seus proxectos, algúns dos cales eran propietarios ou estaban xa obsoletos. En 1975 formouse o Grupo de Traballo en Linguaxes de Orde máis Alta (Higher Order Language Working Group) coa intención de reducir este número e crear unha linguaxe de programación xeralmente apropiada segundo os requirimentos do departamento. O resultado foi Ada. O número total de linguaxes de programación de alto nivel utilizadas para eses proxectos foron de 450 entre 1983 e 1996.
O grupo de traballo creou unha serie de documentos de requirimentos da linguaxe: Strawman, Tinman, Ironman e Steelman. Algunhas linguaxes existentes foron revisadas formalmente, pero o equipo concluíu en 1977 que ningunha linguaxe cumpría tales especificacións.
Publicáronse peticións de propostas dunha nova linguaxe de programación, e contratouse a catro emmpresas para desenvolver as súas propostas baixo os nomes de Vermello (Red, de Intermetrics), Verde (Green, de Cii Honeywell Bull), Azul (Blue, de SofTEch) e Amarelo (Yellow, de SRI International). En maio de 1979, a proposta Verde, deseñada por Jean Ichbiah en Cii Honeywell Bull foi escollida e déuselle o nome de Ada. Esta proposta foi a sucesora da linguaxe LIS que Ichbiah e o seu grupo desenvolveran nos anos 70.
O Manual de referencia do estándar militar foi aprobado o 10 de decembro de 1980, o día do aniversario de Ada Lovelace.
(ANSI/MIL-STD 1815Arquivado 25 de xuño de 2004 en Wayback Machine.
O departamento de defensa requiría o uso de Ada para todo proxecto onde o código fonte supuxese máis do 30% do resultado.
Forte estandarizacion
Estandarizacion da linguaxe: A linguaxe Ada converteuse nun estándar ANSI en 1983 (ANSI/MIL-STD 1815Arquivado 25 de xuño de 2004 en Wayback Machine. (1815 fora o ano de nacemento de Ada Lovelace)). Converteuse nun estándar ISO en 1987 (ISO-8652:1987). Esta versión da linguaxe e comunmente coñecida como Ada 83, polo ano da súa aceptación no ANSI.
Ada 95 é o último estándar de ADA. Foi aceptado en febreiro de 1995 (facendo de Ada 95 a primeira linguaxe de programación orientada a obxectos definida nun estándar ISO). Para axudar coa revisión do estándar e a futura aceptación a forza aérea dos Estados Unidos financiou o desenvolvemento do compilador de GNAT.
O traballo continúa mellorando e actualizando os contidos técnicos da linguaxe de programación Ada. En outubro de 2001 publicouse unha errata técnica de Ada 95. Actualmente estase a traballar para facer un engadido a Ada 95, que se espera para 2005.
Outros estándares asociados: á parte do estándar da linguaxe en si, existen outros asociados, tales como:
Estandarización de probas de validez de Compiladores: existe un estándar que define que e como se comproba que un compilador de Ada cumpre todos os requisitos.
Estandarización de Obxectos compilados: existe un estándar que permite examinar e navegar polos datos/estruturas definidas nos ficheiros resultantes da compilacion (sen ter os fontes).
Utilización para contornas gráficas
Existe unha librería gráfica GTKAda moderna en Ada95 que, baseada en GTK (que é utilizado pola contorna Gnome), permite definir e manexar contornas gráficas (xanelas, botóns, etc).
"Ola, mundo!" en Ada
Un exemplo típico para mostrar a sintaxe dunha linguaxe é o programa ¡Ola, mundo!. Existen formas de abreviar "Ada.Text_IO.Put_Line", pero non son utilizadas para facilitar a comprensión do exemplo.