Acis, personaxe mitolóxico grego, era un pastor siciliano, fillo de Fauno e da ninfa Simetis. Amado pola ninfa Galatea, matouno por celos o ciclopePolifemo ao lle botar unha rocha enriba. O sangue de Acis formou un regato pequecho debaixo da rocha que o matara: Galatea converteu o regato en río.