É un arbusto ou sub-arbusto perenne que alcanza ao redor dun metro de altura. Talos ascendentes ou decumbentes con indumento lanoso denso. Follas lineares, linear-lanceoladas, estreitamente lanceoladas ou estreitamente oblanceoladas, concoloras, con pubescencia lanosa densa. Capítulos con 4-8 flores, 1-3 hermafroditas e 3-6 femininas. Involucro de 9-14 filarias amarelas ou amarelo-avermelladas, con pubescencia lanosa. Aquenios anchamente elipsoidais, con papilas pequenas. Papos máis longos que a corola.[2]
Orixinalmente publicada como satureioides. Corrixiuse a saturejoides de acordo ao artigo 60.6 ex. 15 do ICN que estipula que un epíteto de orixe do latín (non grego) un "i" entre dúas vogais débese tratar como unha semivogal e debe ser corrixida a un "j".[4]