Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Abuín.
Abuín é un lugar da parroquia de Leiro, no concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 110 habitantes (49 homes e 61 mulleres).
Historia
O primitivo asentamento de Abuín foi abandonado a partir dos séculos XIV-XVI, posiblemente porque morrera a maioría dos habitantes a consecuencia dalgunha epidemia de peste bubónica. Aínda así corren distintas lendas que atribúen o abandono do lugar ós ataques dos viquingos, teoría improbable, ou a unha maldición por cousa do tesouro que os veciños roubaran no mosteiro da Armenteira e entregaran ó cura para que o agochara. O cura morreu esa noite e seguíronlle numerosos veciños ó pouco tempo. Aínda que intentaron recupera-lo tesouro para devolvelo ó mosteiro, e así zafarse da maldición, nunca foi atopado e os poucos que sobreviviron tiveron que fuxir. Desta lenda vénlle o nome popular de "Aldea maldita".
Castelao recolleu esta lenda nunha das súas Cousas, baixo o título de "A aldea esquecida" [1], como unha historia que lle contara a súa avoa. Tamén está inspirada nesta lenda a novela O alento nas costas, de Natalia Carou[2].
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Leiro
Parroquias de Rianxo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Marta Gómez: "Siglos de miedo en una aldea de Rianxo" en La Voz de Galicia, 19.10.2008.
- Marta Gómez: "La maldición de Abuín" en La Voz de Galicia, 26.10.2008.