Abraham Pérez, nado en Lugo en 1990, é un escritor galego.
Traxectoria
Graduado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, e máster de Filosofía: Coñecemento e cidadanía, pola mesma Universidade. Cursou estudos de guionista en Madrid.[1] Colaborou nas publicacións Revista Détour, Drugstore Magazine e Cuatro Ojos Magacín e no programa O Sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro. Varios dos seus poemas apareceron en Grial, Luzes, Dorna, Xistral ou Tr3sreinos, algúns dos cales foron traducidos ao portugués e o castelán.[2]
En decembro de 2020 obtivo o segundo premio no III Certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra unha teoría para os espectros.[3] E en 2021 a súa obra toxicidade foi 2º premio na categoría F do Certame de Poesía Francisco Añón.[4] Ademais, no ano 2022 foi un dos artistas seleccionados para desfrutar dunha das bolsas de investigación na escrita da Residencia Artística Mariñán que se levan a cabo no Pazo de Mariñán, asemade foi finalista no XXXIV premio Torrente Ballester en lingua galega. No 2023 foi seleccionado para a Residencia Literaria da Illa de San Simón. Forma parte do grupo poético Lupercais.
Ten participado en numerosos recitais, así como realizado intervencións nas que mestura literatura, pensamento filosófico e arte conceptual para museos e galerías de arte. É membro da AELG.
Obra
En galego
Diario
- Gaivotas manchadas de petróleo (2024). A Coruña: Menino Morreu.
Ensaio
Narrativa
Poesía
Obras colectivas
- XXV Certame Francisco Añón de Poesía (2022). Concello de Outes.
- Lupercais (Unha antoloxía posible) (2023). Chan da Pólvora Editora.
- Rosalia no barrio (2024). Solaina.
- Esa tépeda luz das Mariñas (2024). Deputación da Coruña.
Traducións
- Labirintos e fronteiras, de Paulo Chagas (2022). Amargord. Edición bilingüe portugués-castelán xunto con Luís Valle e Miguel Ángel Curiel.
En castelán
Premios
- 2º Premio no III Certame de poesía Torre de Caldaloba pola obra unha teoría para os espectros (2020).
- Accésit no XXV Certame de poesía Francisco Añón pola obra toxicidade (2021).
- Finalista do Premio Literario Illa Nova de Narrativa por O paso en falso (2022).
- Finalista no XXXIV premio Torrente Ballester en lingua galega por O paso en falso (2022).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas