Abraham Boba

Modelo:BiografíaAbraham Boba

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) David Cobas Pereiro Editar o valor en Wikidata
3 de xuño de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Membro de

IMDB: nm4077592 Facebook: abrahamboba MySpace: abrahamboba Musicbrainz: 3f1c8461-a34a-4591-b60d-e3d8998dec87 Songkick: 634723 Discogs: 1047044 Editar o valor en Wikidata


David Cobas Pereiro, coñecido artisticamente como Abraham Boba, nado en Vigo o 3 de xuño de 1975,[1] é un músico galego, coñecido principalmente por ser o vocalista e tecladista da banda de indie rock, León Benavente.

Traxectoria

Inicios

Aos 14 anos comezou a tocar a batería.[2] Aos 18 deixou Vigo e marchou a vivir a Barcelona, onde comezou a estudar música, solfexo e a tocar o piano, mentres realizaba distintos traballos (camareiro, compositor de politóns para móbiles...).[3] Montou un grupo de curta existencia chamado Belmode[4] e logo púxose o nome artístico de "Abraham Boba".[5]

Carreira en solitario e Nacho Vegas

En 2007 publicou o seu primeiro disco, de título Abraham Boba, no que cantaba e tocaba o piano.[6] En 2008 mudouse a Madrid e pouco despois comezou a tocar o piano no grupo de Nacho Vegas, tanto nos seus discos como nas xiras.[7] En 2009 publicou, co selo discográfico Limbo Starr, o seu segundo disco en solitario titulado La educación. Foi gravado en Cádiz e consta de once temas.[5] Dous anos despois publicou Los días desierto, o seu terceiro álbum.[8]

León Benavente

Tras tres discos en solitario e outros catro tocando o piano con Nacho Vegas, en 2012 uniuse a Eduardo Baos, Luis Fernández e César Vedú para crear o grupo León Benavente.[9] En 2013 sacaron o seu primeiro disco, de título homónimo, con 10 cancións compostas por Boba.[10] O grupo alcanzou grande éxito e despois dese disco foron fichados pola Warner, publicaron outros dous álbums (2 e Vamos a volvernos locos, ambos con letras compostas por Boba) e deron multitude de concertos por toda España e fóra dela (destacando numerosas actuacións en México).[11][12]

Colaboracións

Ademais de con Nacho Vegas, Boba ten colaborado en traballos de numerosos artistas como Amaral,[13] Tulsa,[14] Julio de la Rosa,[15] Violeta Gil,[16]Pumuky,[17] Carlos Ann,[18] INRA,[19] ou Ornamento y Delito.[20]

No cine

Tamén ten traballado no cine, na parte musical dos filme Primos, de Daniel Sánchez Arévalo,[21] Lo contrario al amor,[22] de Vicente Villanueva, e nas curtas Mentiras[23] e Aunque todo vaya mal.[24]


Notas

  1. "Fotomatón Abraham Boba" (en castelán). 11 de maio de 2009. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  2. "Abraham Boba (Un turista feliz, lúgubre e introvertido)" (en castelán). 4 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  3. "El paso ‘2’ de León Benavente en México: nuevo disco y quién es quién" (en castelán). 11 de maio de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  4. Vilá, Juan. "Abraham Boba: «He firmado contratos con compañías independientes muchísimo peores que con una multinacional»". Jot Down (en castelán). Consultado o onde se puxo o nome artístico de "Abraham Boba". A. 
  5. 5,0 5,1 "El vigués que se oculta tras uno de los discos del año". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de maio de 2009. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  6. "Aires de fresca melancolía". El País (en castelán). 12 de maio de 2007. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  7. "Podcast Abraham Boba (León Benavente) DJ set" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  8. "Abraham Boba: Bastante más que un músico de lujo" (en castelán). 4 de maio de 2011. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  9. "Una autovía musical a León". Diario de León (en castelán). 26 de abril de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  10. "León Benavente". Musicoscopio (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  11. "León Benavente: La vieja escuela del rock en España." (en castelán). 6 de maio de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  12. "León Benavente, “locos” por Guadalajara" (en castelán). 27 de xuño de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  13. "Desvelado el nombre del nuevo disco de Amaral" (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  14. "Tulsa presentará “Centauros” el próximo 1 de febrero en Madrid en Ochoymedio Club." (en castelán). 12 de decembro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  15. "Julio de la Rosa: Honestidad brutal" (en castelán). 21 de outubro de 2010. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  16. "Violeta Gil & Abraham Boba y Laura Sam & Nazareno" (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  17. "Pumuky recupera Los Exploradores Perdidos, su disco de 2007" (en castelán). 22 de setembro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  18. "El “Mapa mental” de Carlos Ann regresa a México" (en castelán). 2 de outubro de 2018. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  19. "INRA: “Un disco es la imagen y el sentimiento del artista en un momento concreto”" (en castelán). 27 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2023. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  20. "Videoclip de Ornamento y Delito con Nacho Vegas" (en castelán). 8 de decembro de 2010. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  21. "Primos". IMDb. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  22. "Aunque todo vaya mal". IMDb. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  23. "Mentiras". IMDb. Consultado o 16 de outubro de 2019. 
  24. "Lo contrario al amor". IMDb. Consultado o 16 de outubro de 2019. 

Véxase tamén

Outros artigos