Aberración cromática

Aberración cromática

En óptica, a aberración cromática é a imposibilidade que unha lente ten para enfocar todas as cores no mesmo punto, débese á variación do índice de refracción coa lonxitude de onda[1], o que fai que as distintas cores de luz non queden enfocados no mesmo lugar, polo que a imaxe formada pola lente presenta os bordos coloreados.

Características

Aberración cromática observada na imaxe inferior.

A aberración cromática pode ser lonxitudinal, cando varía a distancia da imaxe co índice de refracción e lateral cando as diferentes cores teñen diferentes tamaños[2]. A aberración cromática preséntase nos sistemas ópticos que utilizan lentes ou prismas. Os lentes acromáticos, que son unha combinación de lentes simples de diferentes clases de vidros, corrixen este defecto. Chester Moor Hall en 1733 foi o primeiro en lograr corrixir o defecto[3], mais John Dollond foi o primeiro en patentar as lentes acromáticas en 1758[4], por canto Hall, un avogado, mantivera o seu método en segredo.

Notas

  1. James V. Watson Introduction to Flow Cytometry. Cambridge University Press, 1991, páxina 25
  2. Competition Science Vision, Vol. 3, Nº 25, 2000, páxina 24
  3. D. J. Lovell, Optical anecdotes, SPIE Press, 2004, páxina 39
  4. Henry C. King The History of the Telescope. Courier Dover Publications, 2003, páxina 150