O Aberdeen Football Club é un club de fútbol escocés da cidade de Aberdeen. Foi fundado en 1903 e compite na Scottish Premier League.
Historia
O club actual naceu da unión de 3 equipos da cidade, o Aberdeen, o Victoria United e o Orion. Nunha asemblea pública o 20 de marzo de 1903, á que asistiron máis de 1600 persoas, decidiuse a unión. O 14 de abril dese mesmo ano fíxose oficial a creación de Aberdeen Football Club. Sir Alex Ferguson foi un exitoso adestrador do equipo nos anos 80, guiándoo a conquistar 3 ligas e a Recopa de Europa en 1983.
Datos do club
Palmarés
- Scottish League Premier division (4): 1954–55, 1979–80, 1983–84, 1984–85
- Copa de Escocia (7): 1947, 1970, 1982, 1983, 1984, 1986, 1990
- Copa da Liga de Escocia (5): 1955–56, 1976–77, 1985–86, 1989–90, 1995–96
- Recopa de Europa (1): 1982–83
- Supercopa de Europa (1): 1983
Véxase tamén
Ligazóns externas