A trama (en inglés: Family Plot) é un filme estadounidense de 1976 de comedia negra e suspense dirixido por Alfred Hitchcock, no seu derradeiro filme como director. Baséase na novela de 1972 de Victor Canning The Rainbird Pattern, a cal foi adaptada por Ernest Lehman á pantalla. Está protagonizado por Karen Black, Bruce Dern, Barbara Harris e William Devane; estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1976, mais non participou na competición principal.[3]
A historia involucra dúas parellas: unha "falsa" psíquica e o seu mozo condutor de taxi, e unha parella de ladróns e secuestradores profesionais. As súas vidas entran en conflito por mor dunha busca dun herdeiro desaparecido. O título do filme é un xogo de palabras: en inglés "Family Plot" pode referirse a unha zona dun cemiterio que foi comprada por unha familia para o enterro dos seus familiares, mais tamén significa unha trama dramática na que participan varios membros da familia.
Estreouse en galego o 15 de novembro de 2023 a través da TVG.[4][5]
Personaxes
Notas