A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey (en inglés: The Guernsey Literary and Potato Peel Pie Society) é unha novela histórica de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows publicada en 2008.[2][3] En 2016 foi traducida ao galego pola editorial Rinoceronte. O libro está ambientado en 1946 e é unha novela epistolar, composta de cartas que os personaxes escriben uns aos outros.
En 2018 fíxose unha adaptación cinematográfica na que Lily James fixo o papel protagonista de Juliet Ashton.
Argumento
Entre o 8 de xaneiro e o 17 de setembro de 1946 hai un denso intercambio de cartas entre numerosos personaxes, entre os que van xurdindo gradualmente os principais: Juliet Ashton, unha nova escritora de certo éxito e un pequeno grupo de habitantes da illa de Guernsey. A historia que se desenvolve refírese á experiencia vivida polos habitantes da illa durante a Segunda guerra mundial, cando os alemáns ocuparon a illa como posible ponte para a invasión de Inglaterra. Os habitantes tiveron que sufrir unha grave privación material e moral. Evitouse todo contacto con Gran Bretaña, onde todos os nenos foran transportados para estaren a salvo antes da chegada dos alemáns. A pesar da pobreza e tristeza das súas vidas, con todo, aos insulares non lles faltaron momentos de alivio e ledicia, grazas sobre todo á imaxinación e xenerosidade de Elizabeth McKenna, que creou a Sociedade Literaria como pretexto para explicar por que ela e outros tres amigos estaban fóra das súas casas despois do toque de queda.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas