A princesiña (en inglés: A Little Princess) é un filme dirixido por Alfonso Cuarón que se estreou en 1995. Está baseada na novela homónima de Frances Hodgson Burnett, A Little Princess. A acción desenvólvese na Nova York durante a primeira guerra mundial. Estreouse en galego na TVG o 8 de decembro de 2010.[1]
Sinopse
Das selvas da India ás rúas de Nova York, esta é a historia dunha pequena e afouta cativa que queda orfa e sen cartos, pero que grazas a un máxico poder conseguirá superar os obstáculos e conseguir os seus soños.
Sara Crewe (Liesel Matthews) chega a un estrito internado para rapazas rexido polas regras da madame Minchin (Eleanor Bron). Sara convértese nunha rapaza popular entre as demais estudantes polos seus fantásticos contos sobre a India. Todo cambiará cando recibe novas da desaparición do seu pai na guerra e polo tanto queda desposuída dos seus bens. Ante isto, a madame Minchin fai que Sara fique como criada no colexio para pagar os gastos que ocasionou coa súa estadía. Para escapar da súa penosa realidade refúxiase na fantasía coa súa amiga Becky (Vanessa Lee Chester).
Personaxes
Premios
- 1995: Dous nomeamentos ós Oscar: Mellor fotografía e mellor dirección artística.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas