A liña de sombra[1] (en inglés: The Shadow Line) é unha breve novela de Joseph Conrad ambientada no mar. É unha das súas obras tardías, foi escrita de febreiro a decembro de 1915 e publicada por primeira vez en 1916 como unha serie no New York's Metropolitan Magazine (setembro—outubro) e na English Review (setembro de 1916-marzo de 1917).[2] Publicouse como libro en 1917 no Reino Unido (marzo) e Norteamérica (abril). A novela describe o desenvolvemento dun mozo ó tomar unha capitanía mercante en Oriente, coa liña de sombra, o título que representa o limiar deste desenvolvemento.
Foi traducida ó galego por Ana Isabel Iglesias Francos e Benigno Fernández Salgado e publicada por Ir Indo no ano 2000.[1] No ano 2005, foi publicado de novo coa tradución de Iglesias Francos e Fernández Salgado dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía