A casa das belas adormentadas

A casa das belas adormentadas
Título orixinal眠れる美女
Autor/aYasunari Kawabata
OrixeXapón
LinguaXaponés
Data de pub.1961
Primeira edición galega
EditorialRinoceronte Editora
Data de pub.2007
Na rede
BNE: XX3385041
editar datos en Wikidata ]

A casa das belas adormentadas (xaponés: 眠れる美女, Nemureru bijo) é unha novela curta do escritor nipón Yasunari Kawabata, publicada en 1961. Conta a historia dun home solitario, o vello Eguchi, quen adoita visitar a Casa das Belas Adormentadas coa esperanza de atopar algo máis na súa vida. Foi publicada en galego por Rinoceronte Editora, con tradución de Mona Imai.[1]

Sinopse

A casa que da nome á obra é un establecemento onde homes vellos pagan para durmir xunto con rapazas novas, as belas adormentadas, que están drogadas e espidas. Os anciáns deben tomar tamén pílulas para durmir, evitando calquera comportamento de mal gusto. Eguchi dorme sempre con mozas distintas, xa que visita a casa sen previo aviso. Ao descubrir que todas elas son virxes, decide cumprir coas regras da casa. Cada unha das rapazas é descrita polo narrador, mesturando elementos dos seus soños.

Influencia

A trama da novela curta Memoria de mis putas tristes, do premio Nobel Gabriel García Márquez, está baseada nesta obra de Kawabata.[2]

Traducións

  • A casa das belas adormentadas (2007). Tradución directa do xaponés de Mona Imai. Rinoceronte Editora.[3]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía