A carta roubada[1] (do orixinal inglés: The Purloined Letter) é un relato curto do escritor estadounidenseEdgar Allan Poe publicado en 1844 no anuario literario The Gift for 1845 e posteriormente reeditado en numerosos xornais e revistas da época. É a terceira das súas historias de detectives nas que aparece o personaxe de C. Auguste Dupin, sendo as outras dúas "Os crimes da rúa Morgue" e "The Mystery of Marie Rogêt". Estas historias considéranse como importantes precursores das novelas de detectives modernas.
Trama
Neste relato, Dupin debe recuperar unha carta que foi roubada por unha personaxe para poder chantaxear outra.[2]
Está ambientada en París a comezos do século XIX. A policía contacta co detective Dupin e co seu amigo, o narrador, para recuperar unha carta roubada nas cámaras reais, que o ladrón usa para obter poder con fins políticos.
Dupin négase a aceptar o caso, mais dálle consellos ao Prefecto da policía para revisar a propiedade do ladrón. O prefecto entra
a mansión do ministro Danton e inspecciona con microscopio cada recuncho, mais non encontra a carta. Pídelle de novo a Dupin que acepte o caso a cambio dunha recompensa, e este devólvelle a carta que recuperara polos seus propios medios.
Dupin deduciu que o ladrón deixaría a carta nun sitio simple e visible que a policía non revisaría. En efecto, estaba nun tarxeteiro, manchada, engurrada e rota. Dupin substituíu o orixinal por unha copia que preparara, imitando o monograma de Danton cun selo de miolo de pan.
Butti de Lima, Paolo (2007). "La sentenza rubata: il Seneca di Poe". Quaderni di Storia (65): 83–128.
Cornelius, Kay (2002). "Biography of Edgar Allan Poe". En Harold Bloom. Bloom's BioCritiques: Edgar Allan Poe. Philadelphia, PA: Chelsea House Publishers. ISBN978-0-7910-6173-2.
Garner, Stanton (1990). "Emerson, Thoreau, and Poe's 'Double Dupin'". En Fisher, Benjamin Franklin IV. Poe and His Times: The Artist and His Milieu. Baltimore: The Edgar Allan Poe Society. ISBN978-0-9616449-2-5.
Meyers, Jeffrey (1992). Edgar Allan Poe: His Life and Legacy (Paperback ed.). New York: Cooper Square Press. ISBN978-0-8154-1038-6.
Ostram, John Ward (1987). "Poe's Literary Labors and Rewards". En Fisher, Benjamin Franklin IV. Myths and Reality: The Mysterious Mr. Poe. Baltimore: The Edgar Allan Poe Society. pp. 37–47.
Phillips, Mary E. (1926). Edgar Allan Poe: The Man. Volume II. Chicago: The John C. Winston Co.
Whalen, Terance (2001). "Poe and the American Publishing Industry". En Kennedy, J. Gerald. A Historical Guide to Edgar Allan Poe. New York: Oxford University Press. ISBN978-0-19-512150-6.