A caixa das sorpresas (en inglés: The Wrong Box) é un filme cómico británico de 1966 realizado por Salamander Film Productions e distribuído por Columbia Pictures. Foi producido e dirixido por Bryan Forbes a partir dun guión de Larry Gelbart e Burt Shevelove, baseado na novela de 1889 The Wrong Box de Robert Louis Stevenson e Lloyd Osbourne.[1][2]
O elenco inclúe gran número de actores británicos de sona daquela, como John Mills, Ralph Richardson, Michael Caine, Peter Cook, Dudley Moore, Peter Sellers, Irene Handl, Nanette Newman e Tony Hancock.
Estreouse en galego o 25 de maio de 2000 a través da TVG.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas