Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Graña.
Santa Rosa de Viterbo da Graña[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ferrol, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 433 habitantes (230 mulleres e 203 homes) distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 541 habitantes.
Limita ao norte coa parroquia de Brión, ao leste coa Cabana, ao oeste con Brión e ao sur coa ría de Ferrol. O topónimo fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola.
A Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa da Graña desenvolve actividades como o fútbol, remo, balonmán ou tenis de mesa.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares da Graña
Parroquias de Ferrol
Notas
Véxase tamén
Outros artigos