A Espia |
---|
Xénero | drama histórico, thriller de espías |
---|
Creado por | Pandora da Cunha Telles |
---|
Dirixido por | Jorge Paixão da Costa, Edgar Pêra, João Maia |
---|
Intérpretes | Daniela Ruah, Diogo Morgado, Maria João Bastos, António Capelo, Luís Eusébio, Adriano Carvalho, Marco D'Almeida, Pedro Lamares, Sisley Dias, Patrícia Tavares, Adriano Luz, Joaquim Nicolau |
---|
País de orixe | Portugal |
---|
Lingua(s) | portugués, inglés, alemán |
---|
Emisión orixinal |
---|
Canle de orixe | RTP1 |
---|
[ editar datos en Wikidata ] |
A Espia é unha miniserie de televisión portuguesa de drama histórico protagonizada por Daniela Ruah, Diogo Morgado e Maria João Bastos. Foi emitida orixinalmente en 2020 en RTP1.
Premisa
A ficción, que se desenvolve entre Lisboa, Porto e Galiza, comeza en 1941, durante a segunda guerra mundial.[1] Fai un seguimento do labirinto da espionaxe no Portugal dos anos 40 centrándose na rede Shell, tratando desenvolvementos como a subministración de volframio (un mineral crítico para a industria bélica en tempos de guerra).[2]
Elenco
Produción e lanzamento
Producida por Ukbar Filmes xunto con RTP, Ficción Producciones e co apoio de ICA e PIC Portugal, é unha coprodución conxunta hispano-portuguesa.[3] Desenvolvido por José de Pina e Rui Cardoso Martins a partir dunha idea orixinal de Pandora da Cunha Telles,[4] o equipo de guionistas estivo formado por Raquel Palermo, Cláudia Clemente, Martim Baginha, Snir Wein, Pablo Iraola, Pandora da Cunha Telles, Rui Cardoso Martins e José de Pina.[5]
Consta de 8 episodios, rodados entre maio e xullo de 2019 en Lisboa, Porto, Curia, Tomar, Figueira da Foz e Santiago de Compostela.[5]
Entre os directores figuraba Jorge Paixão da Costa, Edgar Pêra e João Maia. A historiadora Margarida de Magalhães Ramalho traballou como asesora histórica.[3]
Notas
- ↑ Sobral, Cláudia (2020-04-08). "A Espia. Os alemães, os ingleses e duas espias portuguesas no país de Salazar durante a II Guerra. VÍDEO". ionline.sapo.pt; Jornal i (en portugués). Consultado o 2025-01-01.
- ↑ "'A Espia'. RTP1 estreia série que tem Daniela Ruah como protagonista" (en portugués). 2020-04-02. Consultado o 2025-01-01.
- ↑ 3,0 3,1 "Maria João Bastos, uma espia feminista em estreia na RTP". Diário de Notícias (en portugués). Consultado o 2025-01-01.
- ↑ ""A Espia": O xadrez da espionagem na nova série da RTP1". Visão (en portugués). 2020-04-08. Consultado o 2025-01-01.
- ↑ 5,0 5,1 SAPO. ""A Espia" estreia hoje: traições e segredos dos espiões em Portugal revelados na nova série da RTP1". SAPO Mag (en portugués). Consultado o 2025-01-01.