En 1852 a capitalidade do concello de El Franco pasou da parroquia de Valdepares á vila da Caridá, entón coñecida como San Miguel de Mohíces, e entre os monumentos desta salienta a antiga casa do concello, con escudo no que figura unha lenda en lembranza da independencia de Castropol no século XVI. A igrexa parroquial data do século XVIII.
O lugar de El Porto contou cunha importante carpintería de ribeira que dende finais do século XIX e ata as primeiras décadas do XX, so a propiedade da familia Ron, exportou veleiros por boa parte da costa cantábrica. Hoxe o seu porto acolle unha pequena frota de baixura que sobre todo se dedica á captura de polbo.
Notas
↑Varela Aenlle, Carlos Xesús (2010). Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia. Universidade de Vigo. p. 39.
↑Diccionario Geográfico de Asturias. Oviedo: Editorial Prensa Asturiana, S.A. 2000.