A Cabra de Cubeliño ou Petróglifo da Pedra da Cabra[1] ou A Laxe das Cabras[2] ou Pena da Cabra[3] é un petróglifo situado na parroquia de Cespón no concello coruñés de Boiro. Na estrada de Cespón a Abanqueiro, pasado Quinteiro por unha pista á dereita, atópase o lugar de Cubeliño ou O Coveliño. O petróglifo está a uns 200 metros da estrada nunha pendente poboada de mimosas.
Está formado por dúas figuras zoomorfas de seis patas, unha delas incompleta. A figura maior mide 45 x 52 cm e representa dun xeito moi esquemático un cervo con pequenos corvos.