Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Abanqueiro.
San Cristovo de Abanqueiro[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza. Segundo o IGE en 2011 tiña 1745 habitantes (888 mulleres e 857 homes), 132 menos ca en 1999. Ten 11 entidades de poboación.
En 1845 tiña uns 764 habitantes[2].
Etimoloxía
A etimoloxía do topónimo Abanqueiro non se debe á existencia dunha fervenza. Existe a hipótese de que deriva de "banco de ostras" debido á abundancia deste marisco no litoral abanqueirés[Cómpre referencia]. Debido á recolección masiva xa apenas quedan ostras na zona.
Xeografía
Fundamentalmente rodeada de mar destacan as praias de Quintáns, Portomouro, A Fontenla, Ladeira, Retorta e Mañóns, esta última recoñecida coa Bandeira Azul.
Economía
O marisqueo é unha das súas máis importantes fontes de ingreso. A empresa conserveira Rianxeira ten a súa orixe nesta parroquia.
Patrimonio
No adro da románica igrexa de San Cristovo de Abanqueiro atopáronse restos dun baldaquino en pedra coas figuras da Virxe, un anxo e San Xoán apóstolo.
Abanqueiro na literatura popular
- Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro./ Se me collen en Rianxo/ bérraranme en Abanqueiro.[3].
Galería de imaxes
-
Igrexa de San Cristovo de Abanqueiro.
-
Igrexa de San Cristovo de Abanqueiro.
-
Igrexa de San Cristovo de Abanqueiro..
-
Vide de uva catalá en Abanqueiro.
-
Exipto.
Lugares e parroquias
Lugares de Abanqueiro
Parroquias de Boiro
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Madoz, Pascual (1845). "ABANQUEIRO (SAN CRISTÓBAL DE)". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 40.
- ↑ Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 162.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos