A Arnosa é un lugar da parroquia de Vilalonga do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 142 habitantes en 2016 (71 mulleres e 71 homes), o que representa un descenso continuado respecto ó ano 2009, cando tiña 159 veciños, e 2004, cando eran 170.
Constitúe, xunto cos lugares lindeiros de Rouxique e A Fianteira, unha boa zona para a observación de aves acuáticas nas distintas lagoas artificiais creadas trala extracción de arxila con destino ás telleiras e fábricas de ladrillos existentes nesta zona. Pola presenza de aves, forma parte do Complexo Intermareal Umia-O Grove.
Lugares e parroquias
Lugares de Vilalonga
Parroquias de Sanxenxo
Véxase tamén