San Xoán de Dorrón é unha parroquia que se localiza no extremo oriental do concello pontevedrés de Sanxenxo, lindando xa co de Poio. Ó oeste linda coa parroquia de Bordóns, ó norte do concello de Meaño e ó sur coa Ría de Pontevedra.
Segundo o IGE, en 2016 tiña 1.393 habitantes (722 mulleres e 671 homes), o que supón un descenso respecto ó ano 2009, cando tiña 1.412 habitantes, pero un ascenso respecto ó ano 2000, cando tiña 1.328.
A parroquia ten unha superficie de 5,6 km2, distribuída en 13 entidades de poboación.
Patrimonio
A igrexa parroquial, construída en 1764 sobre un templo anterior que se supón románico, é de planta rectangular dividida en dous tramos. Un consta de dous arcos que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior, e o outro é rectangular e de menor anchura, coa sancristía como engadido.
No frontal exterior, con pináculos nas esquinas, destaca unha espadana de dúas campás.
No seu interior destaca o retablobarroco da Capela do Carme.