AJ10
Unha segunda etapa dun foguete Delta II, co seu motor AJ10-118K.
AJ10 é o nome dunha familia de motores foguete hipergólicos que consomen ácido nítrico e UDMH , construídos por Aerojet e usados en diferentes foguetes .[ 1]
Historia
O motor AJ10 orixinal, denominado AJ10-37, foi deseñado para o seu uso co foguete Vanguard e máis tarde foi desenvolvido en versións para ser usadas nos foguetes Able (AJ10-41 e AJ10-42) e Delta .[ 1]
Variantes
AJ10-101
O AJ10-101 derivaba da segunda etapa do foguete Vanguard e usouse xunto cunha primeira etapa Thor para lanzar satélites artificiais . As primeiras probas do motor tiveron lugar o 21 de febreiro de 1958.[ 2]
Características
AJ10-104
Foi unha versión en aceiro inoxidable do AJ10 básico usado no foguete Able e mellorada para aumenta-lo pulo de 34,7 kN a 37,0 kN e incrementar a duración da combustión ata dúas veces e media. Voou por primeira vez en 1960 e a etapa resultante foi denominada Ablestar . Foi o primeiro motor capaz de reencenderse no espazo.[ 3]
Características
AJ10-118
Usado en etapas superiores de distintos foguetes Able e Delta (como o Delta A ).[ 4]
Características
Diámetro: 0,84 m[ 4]
Pulo: 33,8 kN[ 4]
Impulso específico: 271 s[ 4]
Tempo de combustión: 115 s[ 4]
Masa: 90 kg[ 4]
Presión da cámara de combustión: 7 bar[ 4]
Número de lanzamentos: 14[ 4]
AJ10-118D
Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta B , Delta C e Delta D . Voou por primeira vez en 1962. Atópase fóra de produción.[ 5]
Características
Diámetro: 0,84 m[ 5]
Pulo: 33,8 kN[ 5]
Impulso específico: 278 s[ 5]
Tempo de combustión: 170 s[ 5]
Masa: 90 kg[ 5]
Presión da cámara de combustión: 7 bar[ 5]
Número de lanzamentos: 24[ 5]
AJ10-118E
Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta E , Delta G e Delta J , Delta L , Delta M e Delta N . Voou por primeira vez en 1965.[ 6]
Características
Diámetro: 1,40 m[ 6]
Pulo: 35,10 kN[ 6]
Impulso específico: 278 s[ 6]
Tempo de combustión: 400 s[ 6]
Masa: 90 kg[ 6]
Presión da cámara de combustión: 7 bar[ 6]
Número de lanzamentos: 47[ 6]
AJ10-118F
Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta 0100 e Delta 1000. Voou por primeira vez en 1972.[ 7]
Características
Diámetro: 1,40 m[ 7]
Pulo: 41,40 kN[ 7]
Impulso específico: 306 s[ 7]
Tempo de combustión: 335 s[ 7]
Masa: 95 kg[ 7]
Presión da cámara de combustión: 9 bar[ 7]
Número de lanzamentos: 13[ 7]
AJ10-118G
Usado na etapa superiores do foguete Delta G.[ 8]
Características
Pulo: 43,41 kN[ 8]
Impulso específico: 314 s[ 8]
AJ10-118H
Usado na etapa superior do foguete Delta H.[ 9]
Características
Pulo: 43,41 kN[ 8]
Impulso específico: 319 s[ 8]
AJ10-118J
Usado na etapa superior do foguete Delta J.[ 10]
AJ10-118K
Usado na etapa superior do foguete Delta K. Voou entre 1982 (estrenándose no voo Delta 164) e 1989 e alimentábase de tetróxido de nitróxeno e Aerozine 50 .[ 11]
Características
Diámetro: 1,70 m[ 11]
Pulo: 43,40 kN[ 11]
Impulso específico: 321 s[ 11]
Tempo de combustión: 444 s[ 11]
Masa: 98 kg[ 11]
Presión da cámara de combustión: 8,96 bar[ 11]
Número de lanzamentos: 127[ 11]
AJ10-131
Foi un modelo a subescala do motor que se usaría no sistema de propulsión do módulo de servizo das naves Apollo . Probouse por primeira vez en 1960.[ 12]
Características
AJ10-137
A nave da misión Apollo 15 en órbita lunar, propulsada por un motor AJ10-137.
Foi o motor elixido para ser usado como propulsión principal do módulo de servizo das naves Apolo.[ 13]
Características
Pulo: 97,50 kN[ 13]
Impulso específico: 312 s[ 13]
Tempo de combustión: 585 s[ 13]
Presión da cámara de combustión: 6,90 bar[ 13]
AJ10-138
Desenvolvido ininicialmente como motor para os foguetes Vanguard e Able. Voou por primeira vez en 1958.[ 14]
Características
Diámetro: 1,53 m[ 14]
Pulo: 35,60 kN[ 14]
Impulso específico: 311 s[ 14]
Tempo de combustión: 440 s[ 14]
Masa: 110 kg[ 14]
Presión da cámara de combustión: 7 bar[ 14]
Número de lanzamentos: 80[ 14]
Notas
↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "AJ10" (en inglés) . Consultado o 22 de marzo de 2012 .
↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2011). "AJ10-101" (en inglés) . Consultado o 23 de marzo de 2012 .
↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Mark Wade (2011). "AJ10-104" (en inglés) . Consultado o 23 de marzo de 2012 .
↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Mark Wade (2011). "AJ10-118" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Mark Wade (2011). "AJ10-118D" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "AJ10-118E" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 Mark Wade (2011). "AJ10-118F" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Mark Wade (2011). "AJ10-118G" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
↑ Mark Wade (2011). "AJ10-118H" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
↑ Mark Wade (2011). "AJ10-118J" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 11,7 Mark Wade (2011). "AJ10-118F" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
↑ 12,0 12,1 Mark Wade (2011). "AJ10-131" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Mark Wade (2011). "AJ10-137" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 14,7 Mark Wade (2011). "AJ10-138" (en inglés) . Consultado o 26 de marzo de 2012 .
Véxase tamén