7-Zip é un programa libre para a compresión de datos para sistemas Microsoft Windows ou Linux (empregando a ferramenta Wine se se quere contar coa mesma interface gráfica). Pode usarse unha interface gráfica de usuario ou desde liña de comandos.
Por defecto o programa emprega o novo formato de arquivo 7z, tamén libre, (con extensión .7z
). Este formato usa os métodos de compresión LZMA e PPMD (máis axeitado para textos), desenvolvidos polo seu autor, e pode aplicar un filtro aos executables para aumentar a súa compresibilidade. Os arquivos 7z poden ser sólidos, a diferenza dos zip, o que mellora a compresión de conxuntos de arquivos pequenos.
Existe unha versión portátil de 7-Zip que pode ser transportada e usada desde unha memoria USB sen necesidade de instalar nunha computadora[1].
Características
Notas
Ligazóns externas