O nome Wine inicialmente foi un acrónimo para WINdows Emulator.[1] Este significado foi cambiado posteriormente ao acrónimo recursivo actual.
Wine fornece:
Un conxunto de ferramentas de desenvolvemento para portar código fonte a aplicacións Windows a Unix.
Un cargador de programas, o cal permite que moitas aplicacións para Windows 2.0/3.x/9X/ME/NT/2000/XP/Vista e Win 7 se executen sen modificarse en varios sistemas operativos unix-like como GNU/Linux, BSD, Solaris e Mac OS X
Historia do proxecto
O proxecto Wine comezou no 1993, época da versión 3.11 de Windows. O proxecto posiblemente se orixinou en discusións en comp.os.linux. Os programadores Eric Youngdale e Bob Amstadt crearon a súa primeira versión. A razón pola cal Wine non é un emulador é que os emuladores tenden a duplicar o contorno completo no que un programa vive, incluíndo a simulación da arquitectura de microprocesador determinada. Wine, polo contrario, implementa o que podería chamar unha capa de compatibilidade, a cal fornece alternativas ás bibliotecas de Windows.
A mediados do ano 2002, xa se contaba cunha aplicación con máis dun millón de liñas de código fonte escrito en linguaxe C e cun grupo de máis de 300 programadores. O proxecto tivo tempos nos cales non se avanzou o suficiente, ata que no ano 2003, aplicacións moi estendidas no contorno Windows como Microsoft Office e Internet Explorer foron posibles de ser utilizadas en contornos Unix grazas a Wine.
O proxecto presenta grandes retos para os desenvolvedores, ao menos en parte debido á incompleta documentación da API de Windows. A pesar que a maioría das funcións da API Win32 están correctamente documentadas, existen aínda moitas áreas, como formatos de ficheiros e protocolos, para os cales non existen especificacións documentadas por parte de Microsoft.
Cara comezos do 2003, Wine podía executar moitos programas populares, como Lotus Notes e algunhas versións de Microsoft Office, con comportamentos e estabilidade variables. O éxito do funcionamiento de cada aplicación depende do uso de bibliotecas dinámicas (DLL) de Windows.
A empresa de software Corel axudou moito ao proxecto, empregando temporalmente a un dos principais desenvolvedores, Alexandre Julliard, xunto con moitos outros programadores secundarios. Esta axuda foi motivada polo porting da suite ofimática de Corel a GNU/Linux. Porén, debido a dificultades económicas, o apoio de Corel cesou.
Outras organizacións fixeron esforzos comerciais para apoiar o proxecto, incluíndo CodeWeavers e Linspire. CodeWeavers desenvolveu unha versión comercial, cerrada e visualmente máis atractiva, de Wine e comercialízaa baixo o nome CrossOver Office; ademais, colabora co proxecto, xa sexa financiándoo ou con parches.
O desenvolvemento oficial de Wine está orientado cara a correcta implementación da API de Windows como un todo e aínda que se atope un pouco atrasado nestas áreas, desde a súa versión 1.0 do verán do 2008 é capaz de executar con éxito e con poucos ou escasos erros unha grande variedade de aplicacións deseñadas para Windows.
De acordo a un estudo realizado en Internet por DesktopLinux.com[2] en 2006, a aplicación Wine é bastante usada con relación ás demais cunha demanda do 33,5% dos enquisados, a pesar dos seus considerables defectos; mentres que un 16,7% utiliza o VMware e apenas un 7% usa a aplicación CrossOver. En tanto a porción dos enquisados que non utiliza ningún foi dun 39%.
O 17 de xuño do 2008 o proxecto Wine lanzou a versión 1.0,[3] a primeira versión estable en quince anos de desenvolvemento. Esta presenta melloras con relación as versións alfa e beta, das cales se pode mencionar un mellor soporte de rato nos xogos, aplicacións con uso de bibliotecasOpenGL, manexo de novos estados en Direct3D e mellora do sistema de son, entre melloras importantes.
O 16 de xuño de 2010 o proxecto Wine lanzou a versión estable 1.2,[4] presentando máis de 23 000 cambios no código fonte, máis de 3 000 bugs arranxados e o soporte para aplicacións de 64Bits.
O 7 de marzo de 2012 o proxecto Wine lanzou a versión estable 1.4,[5] engadindo soporte a moitas novas aplicacións como Microsoft Office 2010, (aunque existindo agora o denominado S.O windows 8,dicho desenvolvemento pode considerarse obsoleto).[5] e xogos de última xeración como Skyrim[6] o Starcraft 2.[7]
Características
Compatibilidade binaria
Soporte para programas da familia MS-DOS e Windows (3.x/9x/NT/2000/XP/2003/Vista/2008/7).
Soporte para chamadas de funcións de Windows de 64, 32 e 16 bits.
Posibilidade de engadirlle máis bibliotecas de enlace dinámico (DLL), incluso as nativas de Windows, as cales están localizadas no cartafolC:\Windows\System32, e poden ser instaladas en wine copiando dichas librerías no cartafol ~/.wine/drive_c/windows/system32.
Deseño de enxeñería inversa para mellorar a solución fronte a erros.
Execución sobre outras arquitecturas non Intel baixo emulación, con QEMU (Darwine era unha bifurcación de Wine feita para Mac OS X PowerPC, pero o proxecto quedou abandonado).
Gráficos
Pode debuxar en contornos gráficos baseados en X11, SDL texto/ttydrv.