507
Acontecementos
- Aliado a Gondebaldo, rei dos Burgundios, o rei franco Clovis I derrota os visigodos na batalla de Vouillé, preto de Poitiers, e mata o seu rei Alarico II.
- Sitio de Arles, que duraría até o ano seguinte. Teodorico o Grande axuda os visigodos e ocupa a Provenza e a Septimania, bloqueando o acceso dos francos ao mar (509). A Septimania (Carcasona, Béziers, Agde, Lodève, Nîmes, Uzès e Elne) serán visigodas até 718.
- Amalarico tórnase rei dos visigodos baixo a tutela de Teodorico o Grande. Casará con Clotilde, filla de Clovis I.
- En Roma, Teodorico o Grande impón o papa Símaco contra o antipapa monofisita Lourenzo.
- O sabio indio Aryabhata propón o teorema da regra de tres.
- O Imperio bizantino padece saqueos persas.
- Na Lei sálica menciónase o rito da commandatio, pola cal un vasalo se encomenda á protección dun señor, a quen se compromete a servir.
Nacementos
Mortes
Véxase tamén
Historia ano a ano
|
|